top of page

A Base de Unidade Operativa de Monterroso remata a súa reforma, cun investimento duns 69.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes


Laura Moure/Monterroso

O proceso de reforma das instalacións da Base de Unidade Operativa (BUO) de Monterroso vén de rematar cunha actuación, enmarcada no Plan de mellora das infraestruturas da Consellería do Medio Rural do período 2021-2026, para a que se destinou un orzamento total de 68.978,51 euros.


Publicidade

Os gastos foron financiados na súa totalidade a través de fondos Feder React, como resposta da Unión Europea á pandemia da Covid19. 


Publicidade

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballos, ademais dos recintos para gardar os vehículos.


Publicidade

A edificación, localizada no concello lucense de Monterroso, é o punto de encontro do persoal das brigadas forestais. Con estas melloras, preténdese favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page