Esta localidade silledense celebrou cunha gran programación cinco días de festa dedicados ao seu prato estrela
Laura Moure/IsmaelRS/Silleda
A pesar das inclemencias do tempo, a localidade silledense de A Bandeira volveu a marcar récord de asistencia na súa festa máis especial. A pregoeira, María Lama, dixo sentirse orgullosa do pobo que a acolle como unha veciña máis e deixou claro que cumpriu co seu labor de, alá onde vai, de facer alarde a empanada galega. Os presentadores do acto foron a actriz Cristina Collazo e o xornalista radiofónico Pablo Chichas que, xuntos, fixeron as delicias do público co seu humor e bo facer. O acto concluíu coa actuación do grupo de baile +Q Danza de Lalín e tamén contou, como todos os anos, coa actuación do grupo Xirandola da Bandeira.
Foron cinco días de festa gracias ao traballao incansable da Asociación Amigos da Empanada da Bandeira, que seguirá traballando para conseguir a distintinción de Festa de Interese Turístico Nacional.
Máis información do día grande no VÍDEO:
Na 47ª edición da Festa da Bandeira tamén houbo concurso de empanadas, e este ano, tamén na categoría infantil. Como sempre, houbo unha gran calidade nas elaboracións e todas estaban riquísimas!!!
En concreto as empanadas presentadas foron:
Amateur: 18
Profesional: 12
Infantil: 10
AS GAÑADORAS FORON:
Categoría Profesional:
1º Premio: Empanada de grelos confitados, cacheira afumada, queixo de tetilla. Masa de ovo e trigo.
Premiado: Casa Currás
2º Premio:
Carrilleiras de vaca da Bandeira ao viño oporto con cebola caramelizada.
Premiado: Panadería Mazás
3º Premio:
Carrilleiras de vaca trufada
Premiado: Ecohotel Nós
Categoría Amateur:
1º Premio:
Mexillóns con masa de millo e trigo centeno.
Premiado: María José Gómez
2º Premio:
Bacallau con pasas
Premiado: Lola Sangiao
3º Premio:
Atún
Premiado: Giovanna Campos

Premio á máis orixinal:
Centola de Salvora (categoría Profesional)
Premiado: A Despensa Galega
Premio á máis tradicional:
Millo corvo e xouba rechea de xamón (categoría amateur)
Premiado: Lola Sangiao
Premio á mellor masa:
Ventresca de bonito, cebola e pemento do país (profesional)
Premiado: Panadería Cervela
Publicidade
Categoría infantil:
1º Premio
Empanada de mexillóns
Premiado: Carmen e Ricardo Fuerte
Cuantías dos PREMIADOS aportados por distintos organismos e empresas:
PROFESIONAIS
1º PREMIO
Patrocinador: Deputación de Pontevedra
Subastado por: 1300€
2º PREMIO
Patrocinador: Frigoríficos Bandeira
Subastado por: 500€
3º PREMIO
Patrocinador: Ortopedia Silva
Subastado por: 400€
AFECCIONADOS
1º PREMIO
Patrocinador: Concello de Silleda
Subastado por: 1350€
2º PREMIO
Patrocinador: Supermercado Tovi
Subastado por:
3º PREMIO 105€
Patrocinador: Mercería Fina
Subastado por:
MÁIS TRADICIONAL
Patrocinador: Xunta de Galicia
Subastado por: 300€
MÁIS ORIXINAL
Patrocinador: Abanca
Subastado por:
MELLOR MASA
Patrocinador: O Muíño de Cuiña
Subastado por:
INFANTIL
1º PREMIO
Patrocinador: Helvetia
MÁIS TRADICIONAL
Patrocinador: Arco da Vella
MÁIS ORIXINAL
Patrocinador: Arume
MELLOR MASA
Patrocinador: O Muíño de Cuiña
Comentários