A Asociación de Veciños 'As Lamas de Gontá' mellorou o seu local social co apoio da Xunta
- Laura Moure

- hace 20 horas
- 1 Min. de lectura
O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego achegou financiamento para renovar as ventás e acondicionar a fachada
Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta colaborou no acondicionamento do local social de Gontá, en Palas de Rei, a través da orde de axudas anual para apoiar a actividade das asociacións de veciños.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou o inmoble para coñecer o resultado das
obras, promovidas pola agrupación veciñal As Lamas de Gontá cunha achega autonómica
de 12.000 euros.
Publicidade
A actuación centrouse na limpeza e pintado das fachadas, así como na substitución das
carpinterías exteriores por unhas modernas de PVC que melloran a eficiencia enerxética e
as condicións de illamento. Para iso, cambiáronse tanto as vellas estruturas das fiestras
como a porta de acceso. En conxunto, acadouse unha mellora estética e funcional das
instalacións.
Publicidade
Arias explicou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou este ano
653.200 euros a colaborar con 72 organizacións veciñais da provincia de Lugo a través
deste programa. No municipio de Palas de Rei, tamén foi beneficiaria a agrupación de
Santiago de Lestedo.
O obxectivo é financiar obras de acondicionamento, reforma ou ampliación dos locais das
asociacións; así como adquirir material necesario para desenvolver as súas actividades.








Comentarios