top of page

A Asociación Queremos Parcelarias lamenta o "abandono de Agolada por parte da Xunta"

O colectivo demanda que se inclúan partidas orzamentarias nos seus presupostos para o 2022 para acometer as parcelarias no municipio pendentes dende o ano 2008


Laura Moure/Agolada

A asociación Queremos Parcelarias en Agolada denuncia o abandono que sufre "unha vez máis Agolada dende a Xunta de Galicia, gobernada polo Partido Popular". Recalca que nos orzamentos da Consellaría de Medio Rural non existe unha soa partida orzamentaria para acometer as parcelarias deste municipio pendentes dende o ano 2008.


Precisamente, este ano Galicia ten os orzamentos “máis altos da historia” cun total de 11.627 millóns de euros, e con esas cifras a Xunta de Galicia non dispón nada para as

parcelarias paralizadas en Agolada. Ademais destes cartos, o goberno galego tamén recibirá 3.150 millóns de euros da UE dos Fondos Feder ata 2027, e semella que tampouco Agolada se vai beneficiar deses cartos.

Unha das concetracións desta colectivo.

"Dende Queremos Parcelarias levamos anos afirmando que precisamos reorganizar a estrutura da propiedade para desenvolver a actividade agraria, fundamental para manter un rural vivo. Para “ruralizarnos” como pretenden dende a Xunta con campañas ben fermosas pero que na práctica non supoñen ren para o rural galego por falta de investimentos reais".




Proxectos viables que precisan a concentración

O colectivo sinala que en Agolada hai máis de medio cento de proxectos viables economicamente e que pretenden asentarse e desenvolverse neste concello. "A súa viabilidade está condicionada á contar con dimensións de parcelas axeitadas para levalos a cabo. O instrumento que precisamos para dotarnos de parcelas adecuadas é a concentración", sinala. "Somos propietarios con base territorial suficiente para acometer os proxectos que queremos levar adiante, pero esa propiedade está diseminada en parcelas de dimensións reducidas que fan imposible calquera tipo de actuación axeitada aos tempos actuais de mecanización do campo e rendemento sostible".


Tamén publicamente, informa, que lle trasladou ao Conselleiro de Medio Rural que a Lei de

Mobilización de Terras Agrarias (Lei METAGA) non serve para o caso das parcelarias pendentes de Agolada. "O noso non é un problema de falta de terreos senón de dispersión da propiedade con multitude de parcelas diminutas que fan imposible a súa explotación agraria"


Máis de 800.000 euros

No proceso de estudios previos para acometer a parcelarias pendentes en Agolada, a Xunta de Galicia investiu entre os anos 2008-2009 máis de 800.000 euros para facer os estudios de investigación dos propietarios das parcelas e para facer os estudios previos de impacto ambiental. "Dende esas datas e coa entrada do Partido Popular na Xunta de Galicia no ano 2010 non se volveu a destinar por parte do goberno autonómico un só euro ás parcelarias pendentes no municipio de Agolada", subliña. " Que vai facer a Xunta de Galicia cos cartos investidos?", pregúntase.


Dende a Asociación Queremos Parcelarias unha vez máis piden á Xunta de Galicia que non abandone o rural vivo como é o de Agolada e que recapacite e contemple unha partida orzamentaria para o vindeiro ano 2022 co obxecto de decretar o proceso de concentracións parcelarias pendentes no concello de Agolada. "Agardamos que así

o fagan", conclúen.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page