top of page

A Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais (Aranes) celebra un mercadillo solidario

"Aínda que contamos con algunha axuda, non é suficiente para todos os servizos que precisan os rapaces e por iso, realizamos diversas actividades para poder sufragar todos os gastos", sinala Luz Oro


Lorena Vázquez/Deza

A Asociación de Rapaces e Amigos con Necesidades Especiais (Aranes) levará a cabo o seu mercadillo solidario nos días do 17 ao 21 de xullo. Para informarnos sobre este evento, falamos con Luz Oro, a cal forma parte da directiva.

Luz Oro.

1. Como definiría a ARANES?

Considero que ARANES é unha asociación formada por familias con moitas ganas de traballar e de intentar mellorar as condicións de vida dos nosos familiares. Aínda que contamos con algunha axuda, non é suficiente para todos os servizos que precisan os rapaces como logopedia, fisioterapia ou psicoloxía. Por iso, ao longo do ano, realizamos diversas actividades para poder sufragar todos os gastos.


Publicidade

2. Cando comezou o percorrido da asociación?

Empezou polo 2015 cuns cantos nenos. Actualmente somos 13 familias as que formamos a asociación.


3. Como nos mencionou, calquera axuda é benvida, como podemos colaborar?

Hai varias opcións. Algunhas persoas prefiren facerse socios, mentres que outros deciden dar contías económicas mensuais ou cando consideran oportunas para o desenrolo das actividades. Ademais, calquera persoa que o desexe pode participar como voluntario nas actividades lúdicas.


Publicidade

4. Cal é a cantidade económica que se abona por ser socio?

Podes ser socio por cinco euros ao ano.


5. Ao longo do ano, podemos ver que realizan diversas actividades, unha das máis importantes é o mercadillo solidario, xa teñen data para o seguinte?

O vindeiro mercadillo levarase a cabo os días 17,18,19, 20e 21 de xullo, no Centro Comercial Pontiñas, en Lalín. O horario será de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas.


6. Que podemos atopar neste terceiro mercadillo?

No mercadillo podemos encontrar un pouquiño de todo, dende manualidades que realizamos, ata xoguetes, libros, roupa ou calquera obxecto que se atope en bo estado, e que nos queiran doar para recadar diñeiro. Animamos a todas as persoas a que se acerquen ao mercadillo e colaboren coa asociación, xa que se trata de terapias custosas é toda axuda é necesaria.

Para máis información, os interesados poden visitar a páxina de Facebook da asociación : (1) Facebookou enviarlle un correo electrónico ao seu enderezo: asociacionaranes@gmail.com


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page