María Andújar Rodríguez será a vicepresidenta e Fátima Costoya Pérez vogal
Laura Moure/Silleda
Na asemblea ordinaria da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Silleda celebrada o xoves 2 de novembro despois do horario de peche dos comercios, acordouse completar a directiva actual cos cargos de vicepresidenta, que asume a socia de Movideza Ana Maria Andújar Rodríguez e o cargo de vogal que asume Fátima Costoya Pérez, de Arcolar.
Publicidade
Ademais deste primeiro punto, vital para a continuidade da Asociación e para poder abordar a inminente campaña de Nadal, a orden do día tamén incluíu a presentación do estado de contas e o debate relativo ás actividades que incluirá a Campaña de Nadal deste ano na que xa a directiva está a traballar.
Publicidade
A directiva amosa a súa satisfacción logo de regularizar, grazas a estas dúas incorporacións, a súa situación estatutaria, feito que lle permitirá seguir coa súa actividade de xeito regular.
Cargos:
Silvia López: presidenta.
Ana María Andújar: vicepresidenta.
Estefanía Fernández: secretaria.
Isabel Núñez: tesoureira.
Fátima Costoya: vogal.
Melissa Granja: vogal.
コメント