top of page

A Asociación de Empresarios de Melide lanza a campaña do Día do Pai a través das redes sociais

O colectivo creará un escaparate virtual para promocionar os produtos dos comerciantes locais


Laura Moure/Melide

Este ano a Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto (CCA-Asetem) levará a cabo unha campaña do Día do Pai para impulsar e promover o comercio local a través das redes sociais. "Agora que, boa parte de Galicia e da nosa comarca recuperou a mobilidade, e os establecementos poden traballar no seu horario habitual, na Asociación de Empresarios da Terra Melide cremos que é imprescindible que tanto comerciantes como compradores aposten por mercar os seus agasallos para o Día do Pai no comercio de proximidade", apunta o colectivo.


A campaña do Día do Pai 2021 celebrarase dende xa e será ata o día previo ao venres 19 e vai consistir "en impulsar e promocionar os produtos dos nosos comerciantes, a través das redes sociais da asociación, creando un escaparate virtual dedicado aos pais para que toda a veciñanza melidense e dos concellos limítrofes consigan atopar o regalo perfecto no comercio asociado a Asetem".


O colectivo sinala que "a nosa prioridade é apoiar aos nosos comercios e animar á poboación a implicarse e a mercar nos pequenos establecementos. Ademais, unha vez máis, debemos resaltar que o comercio é seguro, xa que se respectan todas as medidas de seguridade ante a Covid-19. Por todas estas razóns, vive este Día do Pai mercando en

Melide", apunta.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page