top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Asociación de Comerciantes de Silleda fala da súa labor nun encontro na Fundación Roberto Rivas

Parte da directiva xunto con varias socias do colectivo compartiron un café co equipo de emprendedoras europeas do proxecto financiado pola UE "The Break"

Laura Moure/Silleda

Esta mañá parte da directiva da Asociación de Comerciantes de Silleda (ECOS) xunto con varias socias do colectivo compartiron un café na sede da Fundación Roberto Rivas (La Moda Rural Lab) co equipo de emprendedoras europeas do proxecto financiado pola UE "The Break". Neste café a directiva de ECOS tivo ocasión de facer unha pequena presentación da labor da asociación.

A presentación foi artellada en base a catros puntos principais: -Como funciona ECOS. -Que rumbo se colleu desde hai un ano e 6 meses que a nova directiva colleu as rendas da asociación. -Que accións ou iniciativas novidosas se levaron e/ou se están a levar a cabo, cales destas (incluíndo campañas comerciais propiamente ditas) foron ou están a ser exitosas e cales non. -A que retos se enfronta o comercio local nun entorno post pandemia tan globalizado como é o de hoxe en día. Trala breve presentación, que conseguiu a atención e interese da audiencia desde o primeiro minuto, seguiu unha quenda de preguntas." Desta sesión debate a directiva de ECOS quedou moi satisfeita xa que todas as preguntas ían moi ao caso do exposto na presentación previa e demostraron que os traballos previos do equipo de The Break coas emprendedoras europeas por coñecer a realidade do comercio local de Silleda están xa a dar froitos".

O equipo de emprededoras están xa a traballar en varias liñas, unhas suxeridas desde este colectivo e outras de colleita propia, para poder seguir a poñer en valor a experiencia de mercar no pequeno comercio local asociado. Unha colaboración desinteresada que desde ECOS agradecen e ven moi positiva, especialmente polo feito de que nela colabora xente nova, aberta de mente, moi preparada, de distintas nacionalidades, credos, culturas e experiencia, capaz de ver a realidade da nosa vila, e do comercio local máis en concreto, sen prexuízos, estigmas nin ideas preconcebidas. Durante o mes que durará a estancia das emprendedoras en Silleda estas labores promocionais do comercio local serán coordinadas co equipo de monitores da Fundación Roberto Rivas e do programa The Break e haberá ao final de todo unha presentación das mesmas nunha sesión á que, segundo anunciou a Directora do programa The Break, Alicia Jover, a asociación de comerciantes silledense será convidada novamente.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page