A AP-53, á altura de Donsión, rexistra unha colisión por alcance
- ecosdacomarca
- 2 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Esta tarde produciuse un accidente no municipio de Lalín no cal se viron implicados dous vehículos. O 112 Galicia foi avisador polo sistema eCall ás 17:25 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dun accidente por alcance na AP-53 á altura de Donsión. "Cando nos avisou o sistema, sentimos chorar a un rapaz. Inmediatamente avisamos a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Deza, á Policía Local e ao GES de Lalín", indica o 112 Galicia.
Publicidade
"Despois os bombeiros comunicáronos que algúns dos ocupantes, entre eles un menor, foron trasladados ao Punto de Atención Continuada (PAC)", engade o 112.
Comments