A ANPA do CEIP de Agolada organiza unha charla en colaboración coa Garda Civil
Será mañá e abordarán o uso das novas tecnoloxías
Ecos da Comarca/Agolada

A ANPA Aquam Lata do CEIP de Agolada organiza, en colaboración coa Garda Civil, unha charla sobre o uso das novas tecnoloxías. Esta terá lugar mañá, xoves 24, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares da localidade agoladesa.
Terá unha duracion aproximada duns 50 minutos e é de acceso libre.