top of page

A ANPA do CEIP Agolada organiza un taller de adornos navideños que terá lugar este sábado, día 11

Ecos da Comarca/Agolada

A ANPA do CEIP de Agolada organiza un taller infantil de adornos navideños. Terá lugar este sábado, 11 de decembro, nun dos Pendellos.


O horario será de 17:00 a 19:00 horas aproximadamente. A actividade é gratuíta para os nenos/as da ANPA e será esta quen se faga cargo do material. Estará impartida por unha chica do municipio que o fará de maneira gratuíta. Os participantes elaborarán figuriñas de Nadal para o Belén e para adornar unha árbore que poñerá o Concello e despois, expoñerase todo diante do Consistorio.


Os cativos que non sexan socios da ANPA terán que pagar dous euros. Só é necesario que cada rapaz leve unhas tesoiras. Os interesados deben anotarse previamente a través dos teléfonos 659 906 594 ou 616 102 861.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page