Ecos da Comarca/Rodeiro
A área económica do Concello de Rodeiro impulsa unha modificación do imposto do ICIO. "Dende o goberno municipal propoñemos a modificación desta ordenanza coa finalidade de incrementar a recadación municipal vinculada a grandes inversións. Con esta modificación fiscal logramos un dos principais obxectivos que deben cumprir as cargas
impositivas, a progresividade para cubrir as necesidades básicas do conxunto da cidadanía", sinala.
Publicidade
"Todos e todas entendemos que debe ter máis carga impositiva unha persoa física ou xurídica que pretende desenrolar un proxecto de 1.000.000 euros fronte a outros de 100.000. Entendemos que os pequenos proxectos deben ter menor carga impositiva.
Isto sen contar o impacto que pode xerar a nivel local un proxecto de varios millóns de euros. Case sempre xeran poucos postos de traballo e moito impacto ambiental e agrario".
Polo que propoñen xerar dous tramos impositivos para "achegarnos a unha progresividade desexada acorde a realidade social de Rodeiro".
Publicidade
O primeiro tramo, o cal afectará as construcións, instalacións e obras, que non superen o 1 millóns de euros.
E o segundo tramo afectará as construcións, instalacións e obras, que superen o 1 millóns de euros.
Polo anteriormente exposto, o goberno municipal propón a seguinte modificación da ordenanza en vigor Artigo 3.- Base impoñíbel, cota e devengo.
Publicidade
3. Os tipos gravamen serán os seguinte:
a) O 2% para aquelas construcións, instalacións e obras cuxo orzamento material de execución sexa inferior a 1 millón de euros.
b) O 4% para aquelas construcións, instalacións e obras cuxo orzamento material de execución sexa igual ou superior a 1 millón de euros.
Esta levarase a cabo no pleno extraordinario que terá lugar o día 25 de outubro ás 11:00 horas.
Comments