top of page

Aínda quedan prazas para participar no "Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano", concedido á Asociación de Empresari@s de Deza

12 deben corresponder a veciñas de concellos da contorna con menos de 5.000 habitantes, como Agolada, Rodeiro, Dozón, Forcarei, O Irixo, Antas de Ulla ou Piñor



Laura Moure/Deza

A Asociación de Empresari@s de Deza informou este luns que aínda quedan prazas para participar no Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano concedido a este colectivo pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Do total das 35 prazas ofertadas, 12 deben corresponder a mulleres de concellos da contorna con menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Agolada, Rodeiro, Dozón, Forcarei, O Irixo, Antas de Ulla ou Piñor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Este programa está dirixido fundamentalmente a mulleres que precisen cualificación (é dicir, que non dispoñan de certificados de profesionalidade nin título de ESO, FP ou estudos universitarios) ou recualificación (é dicir, que conten con titulacións obtidas hai máis de cinco anos e que non teñan traballado no seu sector durante o último ano).


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As beneficiarias do programa que completen o seu itinerario formativo con éxito recibirán un incentivo económico de 400 euros.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page