Ambos equipos xogaron onte domingo, o Boimorto C.F. rematou perdendo por 0-2 na casa contra o Atlético Arteixo, mentres que o S.D. O Pino gañou por 0-1 na casa do Xallas F.C.
IsmaelRS/Boimorto/O Pino
Os equipos que representaban á comarca de Arzúa nesta quinta xornada de Rexional Preferente Galicia 1º Fase Grupo 1º Norte - Subgrupo 1A, xogaron onte domingo os seus partidos de liga, conseguindo puntuar só un dos dous equipos.
Boimorto C.F. - Atlético Arteixo (0-2)
O C.F. Boimorto xogou o seu partido contra o Atlético Arteixo, tivo lugar no campo municipal de O Carballal (Boimorto). Rematou con derrota do equipo boimortense por 0-2, os goles do equipo visitante foron obra de: Óscar Varela Rocha (14´) e o último gol gracias a David Bandera Vázquez (19´).
Xallas F.C. - S.D. O Pino (0-1)
O S.D. O Pino xogou o seu partido contra o Xallas F.C. , tivo lugar no campo municipal de A Fontenla (Santa Comba). O encontro rematou con vitoria por 0-1 para o equipo visitante, o único gol que subeu o marcador foi obra de Jesús Fernando Sainz Tresguerras (83').
CLASIFICACIÓN
Grazas a estes resultados, o S.D. Pino ascende a segunda posición, mentres que o C.F. Boimorto baixa a oitava posición.
PRÓXIMA XORNADA:
A 6ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 7 de novembro, cos seguintes encontros:
Sigüeiro F.C. - Boimorto C.F., no campo Municipal Lino Balado (Sigüeiro).
S.D. O Pino - C.D. Boiro, no campo Municipal de Reboredo (Arca, O Pino).
Comments