top of page

38 Concellos, entre eles Lalín, recoñecidos cos premios Vilas en flor

Estes galardóns céntranse na protección dos valores paisaxísticos, ambientais e naturais da Comunidade


Laura Moure/Lalín

A Xunta de Galicia salienta o compromiso dos 38 concellos galardoados este ano cos premios Vilas en flor coa protección dos valores paisaxísticos, ambientais e naturais da Comunidade. Entre eles das comarcas, figura Lalín. Durante o acto de entrega destes premios, o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, recoñeceu o esforzo desenvolvido por estes concellos a prol da mellora do medio ambiente e da calidade de vida dos seus veciños a través de proxectos de axardinamento e ornamentación floral.

De feito, Vilas de flor, unha iniciativa na que colabora a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, supón un importante recoñecemento á revitalización de espazos e servizos públicos mediante actuacións en torno a eixos como a conservación e o impulso do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade, o uso social dos espazos públicos, e as sinerxías coa actividade turística.


Publicidade

De Salvador subliñou que a Xunta comparte o interese dos concellos pola mellora dos espazos públicos e pola súa xestión sostible. Así, lembrou que o distintivo Bandeira Verde de Galicia, que se entrega anualmente desde 2020, tamén enxalza as prácticas máis respectuosas dos concellos en canto á protección do medio ambiente, a loita contra o cambio climático, a eficiencia enerxética e a xestión dos residuos.


A maiores, o director do IET destacou a relevancia de que os concellos pequenos tamén se beneficien da posta en valor das súas paisaxes xa que é un “activo fundamental tanto a nivel ambiental como económico xa que é un innegable atractivo turístico”. Nese senso, puxo en valor as axudas para a corrección de impactos paisaxísticos que a Xunta convoca desde o ano 2021 para colaborar con concellos e particulares no fomento do fermosismo. Nesa liña, dada a boa acollida desta iniciativa nos últimos anos, o orzamento da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para 2024 destina 2 millóns de euros a unha nova convocatoria destas axudas.


Publicidade

FLORES DE HONRA 2023


4 Flores de Honra (3 concellos): Allariz, Chantada e Tomiño.


3 Flores de Honra (12): A Laracha, As Somozas, Caldas de Reis, Cambados, Carballo, Gondomar, Lalín, Narón, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, Vilagarcía de Arousa.


2 Flores de Honra (13): Abegondo, Arteixo, Coristanco, Cuntis, Leiro, Mondoñedo, O Carballiño, O Rosal, Oza-Cesuras, Ponteceso, Sada, Sarria, Tui


1 Flor de Honra (10): Mondariz, A Estrada, A Pobra de Trives, Culleredo, Curtis, Ortigueira, Ponteareas, Pontedeume, San Xoán de Río e Xinzo de Limia.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page