top of page

31 de agosto: celébrase o Día Internacional de Conciencia acerca da Sobredose

IsmaelRS/Xeral

Un dos factores que más azouta á poboación mundial é o consumo de drogas e morte por sobredose. É por iso que o 31 de agosto foi proclamado como Día Internacional da Conciencia acerca da Sobredose.


Publicidade

Por que se celebra?

Esta efeméride foi creada no ano 2001 en Australia por Sally J. Finn e Peter Streker, en conmemoración ás persoas que perderon a vida por unha sobredose, apoiando a familiares e amigos de persoas falecidas ou con lesións permanentes por esta causa.


Así mesmo, preténdese sensibilizar e xerar conciencia acerca dos riscos de mortalidade por consumo de substancias estupefacientes.


Estímase que a nivel mundial morren anualmente unhas 450.000 persoas por sobredoses de drogas ilegais e opioides de prescrición, unha cifra alarmante en constante aumento que xera consecuencias devastadoras, especialmente na poboación xuvenil.

Publicidade

Como se celebra esta data?

Na celebración do Día Internacional da Conciencia acerca da Sobredose organízanse actos, eventos, campañas de divulgación e educación acerca da dependencia das drogas e as consecuencias fatais da sobredose de estupefacientes.


Por outra banda, as persoas poden participar en actividades de voluntariado ou efectuar doazóns a organizacións vinculadas á prevención do uso de drogas. Podes apoiar a celebración desta efeméride, portando unha insignia de prata ou unha pulseira cor púrpura.


Comparte información útil e interesante sobre o Día Internacional da Conciencia acerca da Sobredose nas redes sociais. Utiliza os hashtags #IOAD2021 #endoverdose #InternationalOverdoseAwarenessDay


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page