top of page

30 estudiantes da EFA Piñeiral de Arzúa asiste a unha charla sobre aguardentes e licores de Galicia

Laura Moure/Arzúa

Trinta estudantes do primeiro curso do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade e o segundo curso de Ciclo Medio de Actividades Comerciais do EFA Piñeiral en Arzúa participaron este martes nunha charla sobre os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Impartida por Sonia Otero, vogal do Consello Regulador e enóloga, estivo centrada na importancia e as vantaxes dos produtos amparados por un Consello Regulador.

O alumnado mostrou gran interese en coñecer este tipo de produtos, así como as vantaxes de posuír unha contraetiqueta á hora de exportar. Así, recalcouse a importancia da boa etiquetaxe que certifique que os produtos teñen orixe galega e que este Consello Regulador inclúe toda Galicia e está moi vinculado ás denominacións de orixe vitivinícolas galegas. Tamén se fixo fincapé nas principais funcións do Consello Regulador e os produtos amparados baixo as catro Indicacións Xeográficas (IG): IG Bagazo de Galicia, IG Augardente de Herbas de Galicia, IG Licor de Herbas de Galicia e IG Licor Café de Galicia, así como as funcións do seu panel de cata e os requisitos necesarios para cualificar os destilados amparados...

O licor café, o favorito

Sonia Otero explicou que “non só estamos a vender unha bebida espirituosa, senón unha orixe que integra unhas variedades autóctonas, un clima, un chan, en definitiva unha cultura e tradición galega”. Foron moitas as preguntas expostas polos alumnos. A segunda parte da sesión centrouse na cata de cinco destilados galegos: dous Bagazos de Galicia (un de albariño e outro híbrido do Ulla), un Augardente de Herbas de Galicia e un Licor de Herbas de Galicia, así como un Licor Café de Galicia. Todo un descubrimento para a maioría dos estudantes que, por primeira vez, descubrían produtos deste tipo. Sen dúbida o destilado preferido foi o Licor Café de Galicia, como adoita suceder nas catas cun perfil novo.


O Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia está a facer fincapé na formación dos futuros profesionais galegos sobre a importancia dos produtos con sinal de calidade. Neste caso con Indicación Xeográfico, defendendo a orixe e a calidade dos mesmos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page