O partido xogouse onte pola tarde, no campo de Municipal Julio Mato (Noia) e rematou con empate a un gol
IsmaelRS/Arzúa
A 8ª xornada de liga na Terceira División RFEF Grupo 1 entre o C.F. Noia e o C.S.D. Arzúa xogouse onte á tarde no campo Municipal Julio Mato, e rematou 1-1.
Despois gañar na xornada anterior, o C.S.D Arzúa remata o encontro desta xornada con un empate, o cal lle dá un novo punto. O equipo arzuá adiantouse na marcador ao comezo do encontro, grazas ao gol de José J. Bertúa Fontenla (11 '), logrou manter a vantaxe no marcador ata os 5 minutos finais, nos que o equipo local anotou grazas a Jesús Sayes Chueca (85´). Con este resultado remataría o encontro.
CLASIFICACIÓN
Con este resultado, o C.S.D. Arzúa sube á décimo terceira posición da táboa.
PRÓXIMO ENCONTRO
Na 9ª xornada, o C.S.D. Arzúa xoga contra o Viveiro C.F., dito partido terá lugar no campo municipal do Viso, o domingo 30 de outubro, ás 17:00 horas.
Comments