Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

29 entidades deportivas da comarca de Deza recibiron axudas da Secretaría Xeral para o Deporte

Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de abrir unha nova convocatoria de axudas para clubes deportivos co obxectivo de seguir apoiando o traballo destas entidades das bisbarras de Deza e Tabeirós despois de concederlles achegas por 219.516 euros o pasado ano a un total de 48 delas. En concreto, en Deza case se beneficiaron unha trintena de entidades.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides, mantivo este xoves un dobre encontro cos clubes da Estrada e de Lalín, aos que asistiron os alcaldes José López e José Crespo, para informarlles dos requisitos das novas liñas de axudas deportivas da Xunta para o presente ano, que teñen aberto o seu prazo de solicitude ata o luns 7 de febreiro e que contan coas modalidades de subvención ordinaria, Covid-19, reactivación e equipamentos.

En canto á distribución das achegas do pasado ano, a Secretaría Xeral para o Deporte

concedeu axudas por 103.000 euros a 17 clubes de Lalín (Balonmán Lalín, Vitalqi, Rugby

Lalín, Escola de Fútbol, Club Hípico Juan Oliveira, Extol MTB, Kung Tai, Escudería Lalín-

Deza, Arcocelta, Club Ciclista Montes do Deza, CD Lalín, Roteiros de Lalín, Sobre Rodas,

Escola de Xadrez, GTR Galaico, Móvete na Moto e Vilatuxe FC), 11.000 euros a seis

entidades de Silleda (SPD Deza, BTT Trasdeza, Amigos de Fútbol de Silleda, Escola de

Fútbol, SD Silleda e SD Bandeira), 13.300 euros a tres de Vila de Cruces a través de cinco

achegas (Keltoi, Kung Fu Zen e SD Cruces), 6.977 euros a dúas de Agolada (SD Agolada

e Agolada Clube Náutico) e 9.239 euros ao Balonmán Rodeiro.


“Os clubes de Deza e Tabeirós-Montes están a facer un enorme traballo polo deporte, e

máis nas difíciles circunstancias que xerou a pandemia, e por iso contan cun decidido e

importante apoio da Xunta, plasmado nestes máis de 200.000 euros só o ano pasado, e

que vai ter continuidade neste exercicio, polo que acudimos a informarlles para que

concorran masivamente á nova convocatoria”, explicou o delegado territorial, que

agradeceu o apoio dos alcaldes José López e José Crespo para o desenvolvemento das

actividades deportivas.

Ademais, Luis López explicou que estas achegas aos clubes para o funcionamento, os equipamentos e incluso o material necesario para o cumprimento dos protocolos fronte á

covid-19 “complementouse nestas dúas bisbarras con máis de 550.000 euros en

investimentos para a mellora das instalacións deportivas nos municipios de Lalín, A Estrada, Forcarei, Rodeiro ou Cerdedo-Cotobade”.

26 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE