top of page

23 de outubro: celébrase o Día Mundial de Acción para a Supervivencia Infantil

IsmaelRS/Xeral

Save the Children organiza o 23 de outubro o Día Mundial de Acción para a Supervivencia Infantil. O obxectivo é deter a mortalidade de nenos menores de 5 anos e nais, por causas que se poden previr, como a pneumonía, a diarrea, as complicacións derivadas durante o parto ou a desnutrición.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Mellorar a nutrición e a saúde, asegurar o acceso á auga potable e saneamento, e promover hábitos saudables logran previr e tratar as principais causas de mortalidade infantil ofrecendo a todos os nenos a oportunidade de crecer sans e desenvolverse plenamente.


África Subsahariana é o lugar con maior índice de mortalidade no mundo. Un de cada 12 nenos morre antes dos cinco anos de idade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Desde 1.990 fixéronse grandes esforzos en reducir esta mortalidade, pero aínda non é suficiente. Os recursos sinxelos que se utilizaron inclúen:

  • Atención especializada na etapa prenatal, durante o parto e na etapa postnatal.

  • A lactación materna.

  • A inmunización.

  • Mosquiteras.

  • Auga e saneamento.

  • Terapia de rehidratación oral para combater a diarrea.

  • Antibióticos para a pneumonía.

  • Suplementos nutricionais e alimentos terapéuticos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page