Os tres equipos xogaron os seus encontros onte pola tardes
IsmaelRS/Agolada/Lalín/Vila de Cruces
Os equipos que representaban á comarca de Deza nesta segunda xornada da Primeira Galicia (A Costa / Santiago) no Grupo 2A, xogaron onte pola tarde os seus partidos de liga, os resultados acadados por cada un dos equipos foron os seguintes:
S.D. Cruces - S.D. Agolada
El S.D. Cruces xogou o seu partido contra o S.D. Agolada, dito partido tivo lugar no campo municipal do Camballón (Vila de Cruces). O encontro rematou con vitoria por 1-0 para o equipo local, o único gol que subiu o marcador foi obra de Marcos Mazas Fuentes (4'), con este gol tan tempraneiro chegariamos ata o final do encontro.
C.D. Unión - C.D. Lalín
El C.D. Lalín xogou o seu partido na casa do C.D. Unión, dito partido tivo lugar no campo municipalde Vilas (Rianxo). O encontro rematou con vitoria local por 1-0, o único gol que se subiu o marcador foi obra de Ismael Cerqueiras Romero (11').
CLASIFICACIÓN:
Grazas a estes resultados, o C.D. Lalín baixa a quinta posición, o S.D. Cruces ascende a sexta e o S.D. Agolada baixa dos postos e colócase na oitava posición da táboa.
PRÓXIMA XORNADA:
A 3ª xornada da liga disputarase o vindeiro domingo 24 de outubro, cos seguintes encontros:
S.D. Agolada - U.D. Val do Ulla, no campo Municipal do Hospitalillo (Agolada).
S.D. Esclavitud - S.D. Cruces, no Novo Campo do Doce (Padrón).
C.D. Lalín, descansa esta xornada.
Comments