Laura Moure/Palas de Rei
Arranca en Palas de Rei un novo espazo coworking que, nesta edición, conta coa participación dunha veintena de emprendedores que pretenden levar a cabo un total 19 proxectos empresariais. Aínda que estas iniciativas empresariais abranguen diferentes sectores, todas elas, gardan en común, que dalgún modo, están vencelladas ó camiño de Santiago.

Entre esas 19 de iniciativas empresariais, un total de seis son de Palas de Rei (unha empresa de transportes; un estudo de fotografía e video; unha comercializadora de patacas; un obradoiro de teatro; unha empresa de xestión de eventos turísticos e un espazo de danza e terapias) mentres que, os restantes son: tres do concello veciño de Antas de Ulla (un obrador artesanal de galletas; unha produtora audiovisual; un espazo de venda de zumes naturais), tres de Lugo (servizo de catering; espazo de creación e comercialización de Apps para móbil, obrador de pastelería) e unha de: Monterroso (Cría e comercialización de porco celta); Melide (productora especializada na creación de son con fins de markerting); Friol (espazo producción agrícola utilizando as técnicas da permacultura); O Pino (tenda online especializada en dermocosmética); Quiroga(servizo para peregrinos consistente en transporte de autocaravana de etapa en etapa); Vilalba (aluguer de casa de campo con actividade agropecuaria) e Paradela (tenda online de comercialización de productos agropecuarios da provincia de Lugo).
Para levar a cabo a formación e asesoramento técnico que ofrece o espazo Coworking en Palas, a veintena de inscritos participarán en diferentes actividades como: talleres, eventos, mentorización ou sesións formativas grupales.
No acto inaugural, que tivo lugar o pasado luns, no edificio de Centro Comarcal da Ulloa en Palas de Rei, lugar, donde esta semana tamén deu comenzo a actividade formativa, contou coa presenza do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, da Subdirectora da Oficina Galicia Emprende, Fany Suárez Mansilla, ademais de representantes da Escola de Organización Industrial (EOI) entre outros membros do Coworking en Palas de Rei. Estes espazos coworking son froito da colaboración entre a EOI (Escuela de organización industrial) e o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e o Concello e conta coa cofinanciación do FSE, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o IGAPE.
Comments