top of page
Foto del escritorIsmaelRS

18 de novembro: celébrase o Día Europeo do uso prudente de antibióticos

IsmaelRS/Xeral

O 18 de novembro celébrase o Día Europeo do uso prudente de antibióticos, impulsado polo Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades que cada 18 de novembro desenvolve unha campaña de sensibilización dirixida a profesionais, institucións, autoridades e público en xeral para alcanzar un uso máis prudente dos antibióticos e diminuír o seu consumo innecesario.


Publicidade

Por que se celebra?

O consumo de antibióticos no mundo é máis elevado do necesario e iso ten consecuencias importantes sobre a saúde humana, xa que esta práctica aumenta a resistencia dos microorganismos, sobre todo as bacterias, aos antibióticos. Perden a súa eficacia para tratar as infeccións. E isto é un problema moi grave de saúde pública que afecta a nivel global a toda a poboación do planeta.


O consumo elevado e inadecuado de antibióticos non se limita ao seu uso en medicina, senón que alcanza tamén o ámbito da veterinaria e a industria alimentaria.


En relación con este tema, a terceira semana de novembro celébrase a Semana Mundial de Concienciación sobre o uso dos Antibióticos.


Publicidade

Anímase aos profesionais de saúde, hospitais, centros de saúde e asociacións que publiquen as actividades que teñen programadas co hashtag #KeepAntibioticsWorking #UsoPrudenteDeAntibioticos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page