top of page

Hoxe 17 de Agosto celébrase o día Mundial do Peón

IsmaelRS/Xeral

Os peóns son os usuarios máis vulnerables das vías. En caso de verse implicados en sinistros de tráfico, son, indubidablemente a parte máis débil e a que peores consecuencias sofre. Por ese motivo, o Día Mundial do Peón trata de reivindicar os dereitos dos peóns e concienciar sobre a necesidade de que os viandantes respecten as normas de tráfico e eviten situacións de risco. Hoxe, como todos os días, os peóns deben ser protexidos e deben protexerse.

Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) no seu informe “As principais cifras da sinistralidade dos peóns. España 2021”, o pasado ano 2021 faleceron no noso país, 301 peóns, e un peón estivo implicado polo menos en 10.461 dos sinistros de tráfico con vítimas, isto é, o 12% do total de sinistros e o 20% do total de falecidos.

Publicidade

Á súa vez, os peóns representan o 18% dos feridos hospitalizados (1.397) e o 9% dos feridos non hospitalizados (9.446).

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page