top of page

15.000 persoas xa asinaron a proposta popular 'Xabarín'

A Mesa pretende mellorar a programación infantil e xuvenil en galego na TVG



Laura Moure

No ecuador da campaña da Iniciativa Xabarín, que se prolongará até o 2 de abril, A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou este mércores que xa se levan reunido 15.000 sinaturas, seis veces máis do mínimo de 2.500 requirido pola lei de iniciativa popular para que esta proposición poida continuar os tramites parlamentares. A entidade lanzou ese días nas redes sociais a mensaxe Xa somos 15mil, mais aínda faltas ti e recórdalles ás persoas interesadas en amosar o seu apoio que poden asinar os pregos oficiais en ducias de estabelecementos de toda Galiza. Hai un mapa na rede que permite elixir os máis axeitados para cada quen (ligazón).A Mesa amosa a súa satifacción pola grande resposta que está a acadar a proposta, mostra da ampla demanda de audiovisual en galego, nomeadamente para a mocidade, con contidos propios e con oferta internacional dispoñíbel dobrada e lexendada ao galego. “Mesmo en plena pandemia, coa imposibilidade de realizar actos de difusión da iniciativa e de reivindicación da necesidade do galego na televisión, a sociedade esta a responder”, asegura o presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira. “Porén”, matiza, “precisamos que ninguén fique sen asinar para demostrar que somos miles e miles as persoas que queremos galego en toda a oferta televisiva”. “O grupos parlamentares, e nomeadamente o do Partido Popular que sostén o goberno, deben ver con claridade a forza da sociedade galega que demanda que a TVG lidere de novo a programación infantil e xuvenil cunha canle para todas as plataformas e unha app dispoñíbel en todos os dispositivos”, remata.A Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos.A proposta insta tamén o goberno de Feijóo a adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e a TVE a emitir con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App para o público infantil. O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.https://www.amesa.gal/wp-content/uploads/microxabarin-mp4.mp4





A proposta insta o goberno de Galicia a adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e a TVE a emitir con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App. O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minorizadas.A Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular é un dos mecanismos contemplados na lexislación galega para a participación popular no impulso da acción de goberno para o que é preciso reunir un mínimo de sinaturas que serán debidamente certificados pola Xunta electoral. É, por tanto, un proceso máis complexo que a recollida de sinaturas que acadou no seu momento 15.000 apoios na web, mais tamén con maiores garantías de trámite parlamentar sempre que se reuniren o mínimo de 2.500 sinaturas fixado pola lei.


Hai varias maneiras de colaborar:

  • Coa túa sinatura nos pregos verificados pola Xunta Electoral que están ao dispor en diversos puntos de Galiza. Consulta o mapa aquí

  • Se tes un estabelecemento aberto ao público e queres participar na rede de recollida de sinaturas ou queres recollelas individualmente, fáinolo saber a través do correo xabarintv@amesa.gal.

  • Precisamos de difusión: comparte esta iniciativa coas túas amizades e anímaas a asinar. Habilitamos a páxina web https://www.amesa.gal/xabarin onde teremos toda a información que tamen podes obter a través das nosas canles de Facebook,Twitter, ou Instagram. En telegram pódesnos encontrar en https://t.me/amesanormalizacion

  • Doazóns: para quen quixer contribuír a soster economicamente esta campaña nesta ligazón ou en https://www.amesa.gal/tenda/varios/doazons


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page