XXXIV SEMANA DA MÚSICA DA TERRA DE MELIDE
sáb, 09 nov
|Melide
Horario e localización
09 nov 2024, 19:30 – 24 nov 2024, 21:00
Melide, Praza Universidades de Santiago de C.e de Lodz, 15800 Melide, A Coruña, España
Sobre o evento
Melide acolle unha nova edición, e xa van trinta e catro, da Semana da Música da Terra de Melide, organizada novamente pola Coral Polifónica co apoio do Concello. Esta cita musical ineludible estenderase ata o día 24 de novembro e será novamente punto de encontro para asociacións, bandas, voces e instrumentistas de toda a comarca, cun destacado peso da música tradicional, como vén sendo habitual neste evento. Todos os concertos terán lugar no Centro Sociocultural Mingos de Pita ás 19:30 horas.
A Semana arrinca o sábado 9, coas actuacións de Gaiteiros do Balado (Toques) e Os Melidaos. Estes últimos traerán sons tradicionais dun amplo repertorio que xa inclúe catro traballos publicados. Ao día seguinte, o domingo 10, será a quenda dos concertos de Fol da Chousa, a agrupación folclórica de Visantoña (Santiso) e da Asociación A Maristela (Sobrado).
A seguinte fin de semana chegará cargada de concertos ao centro sociocultural.…