XXV XORNADAS DE FORMACIÓN DE INVERNO EN ARZÚA EN FEBREIRO
sáb, 15 feb
|Arzúa


Horario e localización
15 feb 2025, 10:00 – 16 feb 2025, 20:00
Arzúa, Arzúa, La Coruña, España
Sobre o evento
A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, e o Responsábel Nacional de Formación e deputado do BNG, Iago Suárez, presentaron a vixésimo quinta edición das Xornadas de Formación de Inverno, que terán lugar os días 15 e 16 de febreiro en Arzúa. No acto tamén participaron Iria Carreira, deputada do BNG e responsábel comarcal na Montaña; Alba Regueiro, responsábel comarcal de Galiza Nova na Montaña; e Lucía López, responsábel nacional de organización do BNG e portavoz municipal de Arzúa.
O programa destas xornadas combina formación política, debate, convivio e actividades para coñecer a comarca e a súa realidade. Segundo Iago Suárez, “falaremos dos grandes desafíos ambientais que afronta Galiza, da importancia de mellorar as nosas capacidades técnicas de debate e argumentación política e, ademais, exploraremos o territorio visitando o concello de Arzúa e o concello de Santiso, gobernado polo BNG”. Suárez destacou que tamén se levará a cabo unha…