XXIII FESTA DO GALO PIÑEIRO E MOSTRA CABALAR DO PINO
sáb, 03 ago
|El Pino


Horario e localización
03 ago 2024, 11:00 – 04 ago 2024, 22:00
El Pino, El Pino, 15823 El Pino, La Coruña, España
Sobre o evento
Un espectáculo de motocross, co campión español Pedro Moreno e o inglés Greg Rowbottom, o concerto da Banda de Música de Arca e o grupo Ailá e a mostra Artesanía no Camiño xunto ao espectáculo ecuestre de Paco Martos completan este ano o programa da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar que a primeira fin de semana de agosto (os días 3 e 4) xuntará en Arca a milleiros de persoas.
Declarara Festa de Interese Turístico de Galicia, a exhibición de galiñas e galos piñeiros vivos, con premios aos mellores exemplares, e os diferentes concursos equinos son os principais atractivos da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar. Pero a festa inclúe tamén obradoiros, actividades infantís, degustación de galo, o tradicional xantar popular e sobre todo moita troula e moita música. Ademais, este ano tamén se levará a cabo a feira de ‘Artesanía no Camiño’, co obxectivo de amosar…