XVII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS
dom, 29 sept
|Furelos
Horario e localización
29 sept 2024, 10:00 – 18:00
Furelos, Furelos, 15809 Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
A XVII Limpeza Simultánea de Ríos "Móllate polos ríos", impulsada pola organización ecoloxista ADEGA e Proxecto Ríos, celebrarase este ano en 56 concellos de toda Galiza, entre eles das comarcas Melide, e nela participarán máis de 70 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…), moitas delas asiduas nestas limpezas e outras moitas que se suman por primeira vez a esta decimo sétima edición. As limpezas simultáneas terán lugar o próximo domingo, 29 de setembro, e mobilizarán unha gran cantidade de persoas voluntarias que se mollarán polos ríos destes 56 concellos co obxectivo de deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social. Ademais, o venres anterior, día 27 de setembro, celebraranse tamén limpezas simultáneas nas que participará alumnado dos centros de ensino.
Calquera persoa pode unirse á limpeza na localidade máis cercana
Calquera persoa particular interesada no voluntariado ambiental pode unirse a esta Limpeza Simultánea de Ríos poñéndose en contacto coas propias entidades locais…