XIII CORAZÓN DA ARTESANÍA DE AGOLADA
vie, 03 jul
|Pendellos de Agolada


Horario e localización
03 jul 2026, 11:00 – 05 jul 2026, 22:00
Pendellos de Agolada, Calella Maior, 9, 36520 Agolada, Pontevedra, España
Sobre o evento
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a través da Fundación Artesanía de Galicia, reunirá no XIII Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, un total de 70 expositores, 37 deles de Artesanía de Galicia —aos que se lles sumará o artesán Álvaro Pin, máis coñecido coma o Florencio dos Barreiros, que fará unha demostración de zocas— e 32 expositores de produtos de alimentación gourmet. Todo no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada, onde está previsto que participen un total de 50 artesáns de 24 oficios, entre os que se atopan os 12 docentes de cursos especializados e dos obradoiros de iniciación abertos a todos os públicos.
Entre os oficios artesanais que estarán representados atópanse a xoiería, a olería, os instrumentos musicais, a elaboración de zocos e de zocas, a marroquinería, o téxtil, a cantería, o bordado, a tornería, a cestería, o traballo…
