Volven os Domingos de Teatro a Melide
dom, 07 abr
|Melide
O Concello de Melide pon en marcha unha nova edición do ciclo de Domingos de Teatro, orientado ao público adulto. As actuacións estenderanse do 10 de marzo ao 7 de abril, con catro funcións distintas.


Horario e localización
07 abr 2024, 19:00 – 21:00
Melide, Melide, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
O Concello de Melide pon en marcha unha nova edición do ciclo de Domingos de Teatro, orientado ao público adulto. As actuacións estenderanse do 10 de marzo ao 7 de abril, con catro funcións distintas.
O ciclo comezará o domingo 10 de marzo coa representación de A Nai a cargo de Amorodio Teatro. Dirixida por Marián Bañobre sobre un texto de Laura Porto, este espectáculo multidisciplinar emprega as ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen abandonar o sentido do humor. Protagonizada por Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Yaiza Queiruga, a obra segue os pasos de tres irmás e as súas fazañas axudando a medio milleiro de persoas durante o Holocausto.
O domingo 17 representarase O auto do Castromil. Correrá a cargo de Excéntricas Producións. Escrita e dirixida por Quico Cadaval, a obra acontece nunha viaxe onírica en autobús onde os viaxeiros e o condutor dormen mentres as maletas e a equipaxe…