SILLEDA ACOLLE UNHA SESIÓN SOBRE A DEPRESIÓN
lun, 13 ene
|Silleda
Horario e localización
13 ene 2025, 18:00 – 20:00
Silleda, Rua Progreso, 41, 36540 Silleda, Pontevedra, España
Sobre o evento
O Concello de Silleda segue adiante coa súa programación no marco do Plan Municipal de Saúde Mental e organiza para o vindeiro luns día 13 de xaneiro unha sesión destinada a toda a veciñanza sobre a depresión na Casa do Concello ás 18:00 horas no Salón de Actos, ubicado no segundo andar do edificio.
Esta actividade promove darlle a relevancia que se merece á saúde mental, materia na que o Concello destaca por ser un dos primeiros municipios en elaborar un plan municipal propio que insta a participar á veciñanza para compartir experiencias; respondendo a unha problemática que afecta a todas e todos, sen importar a idade, o xénero ou a situación e ofrecer así o apoio preciso para cada circunstancia.
Dende o Concello de Silleda anímase á cidadanía a que se inscriba ata o propio día 13 de xaneiro para participar en dita sesión no número de teléfono 986…