Showcooking: Sabores e Saberes do Camiño - Melide
vie, 14 may
|Mellid
O programa 'Sabores e Saberes do Camiño' celebra en Melide un novo showcooking este venres 14. Será a cargo de Mª Luz Valiño, técnico en nutrición
Horario e localización
14 may 2021, 17:00
Mellid, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
O programa Sabores e Saberes do Camiño é un proxecto liderado pola Federación Efas de Galicia que ofrecerá este venres unha nova sesión na Casa da Cultura Mingos de Pita, en Melide. Será ás 17:00 horas.
Sabores e Saberes do Camiño é tamén unha iniciativa proxecto que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, desenvolverá este venres en Melide a súa cuarta sesión a cargo de Mª Luz Valiño, técnico en nutrición, experta en alimentación e cociña familiar e fiel defensora do produto natural e local.
Dúas serán as propostas que se defenderán: Crocante rústico de queixo "Tres viajeros" con amorodos agridoces e Xeado flameado con augardente, elaboracións ambas nas que se exaltará e respetará a pureza e sabor dos ingredientes de proximidade.
O showcooking contará coa asistencia de Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.