Seminario sobre programación e robótica - Concello de Palas de Rei
sáb, 10 abr
|Palas de Rey
Palas de Rei albergará o 10 de abril unha nova edición do seminario sobre programación e robótica


Horario e localización
10 abr 2021, 20:00
Palas de Rey, 27200 Palas de Rey, Lugo, España
Sobre o evento
A robótica educativa será a protagonista da duodécima edición do Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos, que terá lugar en Palas de Rei o día 10 de abril. Esta actividade, nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para os nenos e nenas, co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots na escola, nas aulas e nos fogares. Tamén para ter unha visión práctica deste uso educativo.
De feito, este seminario vai dirixido a nenas e nenos de 1º a 6º de Educación Primaria; profesorado; familias (nais, pais, avós, ...) e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa robótica educativa. Poderán asistir sempre e cando queden prazas libres, tendo en conta a prioridade de inscrición dos nenos e nenas de Palas de Rei. Este seminario ten unha capacidade de 30 participantes. Será na Casa da Cultura da localidade, gratuito e os interesados poderán resolver calquera…