

Horario e localización
14 ago 2024, 11:00 – 22 ago 2024, 5:00
Melide, Melide, Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
Melide prepárase para unha nova edición das tradicionais Festas de San Roque, do 14 ao 21 de agosto. O cartel da presente edición presentouse este venres na Casa do Concello de Melide. A festa está organizada pola Asociación de Festas de San Roque, co apoio do Concello de Melide e da Deputación da Coruña.
O mércores 14 de agosto, a programación incluirá o concerto dos veteranos Celtas Cortos. Tamén haberá espazo para a música tradicional, coas actuacións de Os Melidaos e de Xascariz, o proxecto do gaiteiro Suso Ascariz.
O xoves 15, as festas continúan coa célebre orquestra EL Combo Dominicano. Complementará a actuación Mekanika Rolling Band, unha animada charanga de Negreira gañadora do Cantalingua 2022.
Ao día seguinte, venres 16, a festa prosegue coa esperada actuación da orquestra Panorama. Ademais, a Banda de Música de Visantoña ofrecerá un concerto do seu amplo repertorio. Se quedan forzas, os Festicultores Troupe…