

Horario e localización
31 oct 2024, 16:00 – 22:40
Fonte Díaz, Fonte Díaz, 15822 Touro, La Coruña, España
Sobre o evento
Touro prepáranse para a xornada máis terrorífica do ano! O día 31 celébrase o Samaín e este Concello súmase, igual que o ano pasado, á conmemoración desta xornada. Promove un programa con diversas actividades.
De 16 a 18 horas haberá decoración de rúas para as familias. O punto de encontro será o local parroquial do campo da festa de Fonte Díaz. Ás 18 horas haberá merenda aterradora! Despois de 18 a 20 horas terán lugar obradoiros e música no salón parroquial.
E de 20 a 21 horas levarase a cabo a II Procesión da Santa Compaña por rúas da localidade cun roteiro teatralizado. Por último, ás 21 horas haberá chocolatada terrorífica.
O Concello convida a vir disfrazados e a decorar as casas e os negocios.