Proxecto: 'Fálame de Monterroso!' - Concello de Monterroso
mié, 30 jun
|Monterroso
Poden participar as persoas de entre 16 e 35 anos durante maio e xuño. Se estás interesada/o en participar, debes escribir antes do domingo 16 de maio a falamedemonterroso@gmail.com.


Horario e localización
30 jun 2021, 23:59
Monterroso, Travesía de Esporiz, 0, 27560 Monterroso, Lugo, España
Sobre o evento
O Concello de Monterroso promove o proxecto Fálame de Monterroso! Poden participar as persoas de entre 16 e 35 anos durante maio e xuño. Haberá catro actividades que teñen por obxectivo recuperar a memoria deste municipio. "Farémolo a través da grabación das voces da nosa veciñanza e coa axuda dunha aplicación móbil de xeolocalización", explica o Concello.
Preguntácheslle algunha vez á túa avoa que lugar da vila lembra con maior agarimo? Algunha vez contouche o teu avó que roupa lle gustaba poñerse nas festas do San Miguel? Escoitaches algunha anécdota da túa veciña falando de como organizaban o traballo colectivo na súa aldea? Todas estas respostas poden formar parte deste proxecto. "A través das lembranzas, vivenzas e anécdotas sobre Monterroso das persoas maiores coas que convivimos, podemos preservar toda a riqueza do noso territorio e poñela a disposición da xuventude e das persoas que visitan o municipio", apunta.
Se estás…