PRESENTACIÓN DO LIBRO DE XOSÉ DE CEA SOBRE ALTRI EN LALÍN
jue, 12 jun
|Lalín


Horario e localización
12 jun 2025, 20:30 – 22:00
Lalín, Rúa Monte Faro, 6, 36500 Lalín, Pontevedra, España
Sobre o evento
O vindeiro xoves 12 de xuño, o melidense Xosé de Cea presentará o seu libro O que estou a dicir cando digo Altri Non, acompañado de Carlos Negro, no marco do Círculo De Recreo Lalín, ás 20:30 horas. O acto está organizado polo Grupo de apoio de Lalín á Plataforma por unha Ulloa Viva e Salvemos Catasós.
“Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de…