Obra: " Bernarda" de Malasombra Producións - Concello de Silleda
dom, 07 nov
|Bandeira


Horario e localización
07 nov 2021, 19:00
Bandeira, 36570 Bandeira, Pontevedra, España
Sobre o evento
O programa FalaRedes de dinamización lingüística volta a Silleda, co teatro como protagonista. A cita será o vindeiro domingo 7 de novembro no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, ás 19:00 horas, ca representación de Bernarda, de Malasombra Producións, unha historia próxima, comprensible e universal.
Protagonizada polas actrices galegas Luisa Merelas (coñecida por ter participado en series como Matalobos, e películas como Fariña e premio Maria Casares á mellor actriz en 2017): Celia González (que acadou o pasado ano o María Casares á mellor actriz secundaria con esta obra) e Esther Aja, a obra está escrita e dirixida polo autor naronés José Luis Prieto, que ten no seu haber varios premiso Max.
O texto, para público adulto, inspírase na coñecida obra lorquiana, (A casa da Bernarda Alba) e traslada a escea á Galicia de 1975. A peza, que acadou varios premios na edición dos María Casares do ano pasado (mellor espectáculo,…