O PINO CELEBRA A CLAUSURA DO CURSO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS
vie, 31 may
|O Pedrouzo


Horario e localización
31 may 2024, 17:00 – 20:00
O Pedrouzo, Rúa Concello, 34, 15821 O Pedrouzo, A Coruña, España
Sobre o evento
O vindeiro venres 31 de maio o Concello de O Pino celebrará a clausura das Escolas deportivas municipais correspondentes ao curso 2023-2024, nas que participaron máis de 200 escolares. O evento desenvolverase no pavillón polideportivo de Reboredo a partir das 17:00 horas. A xornada contará cun variado programa de actuacións deportivas, que inclúe demostracións de fútbol sala, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe e bádminton, en diferentes niveis.
O acto finalizará coa clausura oficial e coa entrega de medallas aos participantes, recoñecendo así o esforzo e a dedicación mostrados ao longo de todo o curso. Este evento constitúe un punto de encontro para valorar o traballo realizado polos deportistas, os monitores e os adestradores, así como para agradecer o apoio das familias que acompañaron e animaron aos participantes durante todo o ano.
O programa de actuacións é o que segue:
Fútbol sala nivel I
Ximnasia rítmica: Mary Poppins.
…