top of page

sáb, 24 feb

|

Melide

O Mercamelide de Inverno 2024 terá lugar os días 24 e 25 de febreiro

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
O Mercamelide de Inverno 2024 terá lugar os días 24 e 25 de febreiro
O Mercamelide de Inverno 2024 terá lugar os días 24 e 25 de febreiro

Horario e localización

24 feb 2024, 11:00 – 25 feb 2024, 21:00

Melide, Rúa Xosé Ramón Fernández Castro, 2, 8, 15800 Melide, A Coruña, España

Sobre o evento

O Mercamelide de Inverno 2024, a feira do comercio local melidao que reúne os produtos dun bo número de establecementos do municipio con descontos no prezo, terá lugar os días 24 e 25 de febreiro. O período de inscricións para os comercios participantes permanecerá aberto ata o martes 20 de febreiro. No caso dos comercios asociados á ASETEM (Asociación de Empresarios da Terra de Melide) poden levar a cabo a inscrición na Asociación. O resto de comercios pode inscribirse no Departamento de Comercio do Concello de Melide, ou a través do enderezo electrónico: comercio@concellodemelide.gal.

O mercado de inverno ofrecerá a prezos moi competitivos de todo tipo de produtos do fogar, moble, menaxe, decoración, mercería, moda, calzado e lencería. Do mesmo xeito, ofrecerá produtos de beleza, perfumería, tecnoloxía, seguros, deportes ou complementos. Todos produtos de primeira calidade, proximidade e a un prezo moi económico.

Nesta edición ofertarase un servizo gratuíto de animación infantil a partir dos 4 anos de idade. Con este servizo, que se estenderá de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas en horario de tarde, as familias poderán efectuar as súas compras con maior comodidade.

Compartir este evento

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page