NADAL EN CAMPOSANCOS, LALÍN
sáb, 14 dic
|Camposancos
Horario e localización
14 dic 2024, 18:00 – 22 dic 2024, 21:00
Camposancos, Camposancos, 36596 Lalín, Pontevedra, España
Sobre o evento
A parroquia lalinense de Camposancos prepara unha programación de Nadal moi variada que leva por título Non hai Nadal sen Camposancos. En concreto, está organizada pola Asociación Veciñal San Cristovo de Camposancos. As actividades terán lugar o 14, 15 e 22 de decembro e consisten en un concurso de decoración das vivendas, xogos, un mercadillo, títeres, baile...
Así arrancará o 14 de decembro, sábado, co pistoletazo de saída ás 18 horas para levar a cabo a decoración das vivendas que queiran participar no concurso Decorando o Nadal no Rural.
O domingo 15, de de 16 a 21 horas, poderase desfrutar de xogos e actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. E a xornada completarase cun mercadillo rural de 16 a 21 horas, con artesanía galega, roupa e xoguetes de segunda man que incluirá un espazo solidario para a Asociación Aranes, así como haberá unha recollida solidaria de xoguetes. Será todo no local…