MERCAMELIDE E MERCADO DE ARTESANÍA E GASTRONOMÍA DE MELIDE
sáb, 08 feb
|Melide


Horario e localización
08 feb 2025, 11:00 – 09 feb 2025, 20:00
Melide, Rúa Xosé Ramón Fernández Castro, 2, 8, 15800 Melide, A Coruña, España
Sobre o evento
O Mercamelide de inverno regresa a Melide na fin de semana do 8 e o 9 do vindeiro mes de febreiro con 17 comercios presentes. Esta nova cita co comercio local presenta nesta edición unha gran novidade: o Mercado de Artesanía e Gastronomía do Cerne de Galicia. Será en horario continuo de 11 a 20 horas.
Un ano máis, o Pazo de Congresos acollerá un grande espazo de compra durante toda a fin de semana, para que a veciñanza e visitantes poidan adquirir produtos de primeira calidade, provenientes do comercio local e a prezos moi competitivos, que inclúen fogar, roupa, electrodomésticos, calzado ou tecnoloxía.
Promoción e posta en valor do medio rural
O Mercamelide de inverno 2025 acollerá por primeira vez o Mercado de Artesanía e Gastronomía do Cerne de Galicia con máis dunha decena de postos. Esta iniciativa procura non só apoiar o comercio local, senón que promova a…