MERCADO DE ÉPOCA DE FURELOS, MELIDE
vie, 20 sept
|Furelos


Horario e localización
20 sept 2024, 18:00 – 22 sept 2024, 22:00
Furelos, Furelos, 15809 Mellid, La Coruña, España
Sobre o evento
O Mercado de Época “Furelos no 1900” de Melide acada a vindeira fin de semana a súa sétima edición, convidando novamente á veciñanza e ás e aos visitantes a mergullar no pasado recreando a estética dun mercado tradicional de comezos do século XX. O mercado abrirá as súas portas a partir das 18h do venres 20, e permanecerá en funcionamento durante toda a fin de semana, en horario de 11.30h a 22:30h o sábado 21 e de 11.30h a 22h o domingo 22.
A programación inclúe varios pasarrúas ao longo da fin de semana, así como espectáculos circenses, con lume, musicais e teatrais. As persoas visitantes poderán desfrutar ademais de magníficas exposicións que recrean a vida a comezos do século XX, como a barbería, a escribanía, o obradoiro de costura, o ultramarinos, a cantina, a carpintería, a adega, a lavandería ou a xoguetería. Tamén haberá obradoiros demostrativos de varias artes…