

Horario e localización
05 dic 2026, 12:00 – 20:00
Toques, Toques, 15806 Toques, La Coruña, España
Sobre o evento
O pavillón polideportivo de Toques acollerá o vindeiro 5 de decembro unha nova edición do Mercadiño Toquiño, organizado pola ANPA do CEIP Plurilingüe de Toques. A xornada combinará postos de artesanía, gastronomía, música tradicional, espectáculos e propostas de lecer para os máis pequenos.
A programación arrancará ás 12:00 horas coa apertura dos postos de artesanía e da caseta gastronómica Toquiña. Unha hora máis tarde, ás 13:00 horas, terá lugar a actuación de Ascariz e Fernández, con música tradicional.
Pola tarde, entre as 16:30 e as 19:30 horas, haberá inchables para a cativada, cunha achega simbólica de catro euros para colaborar cos Toquiños. Ademais, durante toda a xornada desenvolveranse diferentes obradoiros infantís.
A programación continuará ás 18:00 horas coa actuación da compañía ISEA MOURA, que presentará o espectáculo Apalpadora.
A xornada rematará ás 19:30 horas cun sorteo presencial dunha sesión de spa para dúas persoas no Hotel Carlos 96 de Melide. Ademais,…