top of page

Letras Galegas: contacontos, obradoiros e concurso de relato curto - Concello de Melide

dom, 23 may

|

Mellid

Melide celebra as Letras Galegas con contacontos, obradoiros e cun concurso de relato curto. Estas actividades serán os días 14, 17, 22 e 23 de maio.

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
Letras Galegas:  contacontos, obradoiros e concurso de relato curto - Concello de Melide
Letras Galegas:  contacontos, obradoiros e concurso de relato curto - Concello de Melide

Horario e localización

23 may 2021, 20:00

Mellid, Mellid, La Coruña, España

Sobre o evento

O Concello de Melide, a través da Concellaría de Cultura, levará a cabo unha programación especial para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a poetisa de Sarria Xela Arias. Os centros educativos desta vila desfrutarán os días 10, 13 e 21 de maio de contacontos e monológos de temática educativa e cultural.

O venres, día 14 de maio, a radio municipal emitirá un programa especial sobre a vida e obra de Xela Arias. Será ás 11:00 horas.

Na mesma liña, o luns 17 de maio celebrarase ás 18:00 horas un contacontos e obradoiro de debuxo ilustrado, ao que poderá acudir público de todas as idades, previa reserva de praza.

No Parque de Rosalía de Castro e no Centro Sociocultural Mingos de Pita terá lugar o 22 e 23 de maio un obradoiro de Rap Improvisado en Galego, no que poderán participar nenos e nenas maiores de 13 anos, sendo necesaria a reserva de praza para poder realizar a actividade.

O Ditame do I Premio do Relato Curto en Prol da Igualdade, a pintada de frases literarias nos pasos de peóns e a emisión de dípticos sobre Xela Arias, completan o programa.

As reservas de praza poderanse realizar no correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal, no teléfono 981 505 003 EXT 2122 ou no Departamento de Cultura do Concello de Melide.

Google Maps se bloqueó debido a tus ajustes de Analíticas y de cookies funcionales.

Compartir este evento

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page