top of page

LERIA DA ROSEIRA O 9 EN LALÍN

sáb, 09 may

|

Círculo de Recreo - Casino de Lalín

Las entradas no están a la venta
Ver otros eventos
LERIA DA ROSEIRA O 9 EN LALÍN
LERIA DA ROSEIRA O 9 EN LALÍN

Horario e localización

09 may 2026, 19:30 – 21:00

Círculo de Recreo - Casino de Lalín, Rúa Monte Faro, 6, 36500 Lalín, Pontevedra, España

Sobre o evento

O grupo de pandeireteiras Roseira Brava organiza a primeira Leria da Roseira, con motivo do Mes das Letras Galegas. A cita terá lugar o sábado 9 de maio ás 19:30 horas no Café Bar Casino, nunha actuación que contará tamén con artistas convidadas/os, cuxos nomes se darán a coñecer ese mesmo día. A entrada será de balde para as persoas socias do Casino, e para o público xeral funcionará mediante billeteira inversa. Coa súa particular alegría, selo xa de Roseira Brava, convidan a todas as persoas a unirse e botar un baile. Roseira Brava comezou a súa andaina en novembro de 2022 e foi medrando progresivamente ata consolidarse como unha formación de 16 integrantes na actualidade. O grupo está dirixido por Marta Mouriño, referente da cultura e do folclore tanto da comarca de Deza como do conxunto de Galicia.


Google Maps se bloqueó debido a tus ajustes de Analíticas y de cookies funcionales.

Compartir este evento

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page