

Horario e localización
09 may 2026, 19:00 – 23:00
Bama, Bama, 15823 Touro, A Coruña, España
Sobre o evento
A asociación A Pinguela de Bama no concello de Touro vén realizando dende o ano 2017 actividades vencelladas á posta en valor da música e o baile tradicional galego. Con preto de 90 alumnos e alumnas de todas as idades, na actualidade conta cunha escola de música e baile tradicional onde crianzas e maiores participan en clases de diferentes niveis de gaita, percusión (tambor e bombo), pandeireta e canto, baile, acordeón e debuxo e pintura. E tamén organiza a Morada de Bama que este ano será o vindeiro 9 de maio.
Foi no ano 2022 cando o foliada que organiza pasou a denominarse a "Morada de Bama". As pescudas realizadas no marco do proxecto “Dende a cociña” sacaron á luz este termo, “morada”, para referirse a uns bailes con gaiteiros que tradicionalmente se facían a comezos do ano. Normalmente comezaban a finais de xaneiro, cando xa medraban algo os días,…