III RUTA CABALAR DE ARTOÑO, AGOLADA
sáb, 13 jul
|Pontevedra


Horario e localización
13 jul 2024, 15:00 – 14 jul 2024, 5:00
Pontevedra, Artoño, 36528 Agolada, Pontevedra, España
Sobre o evento
Os Cabaleiros de Artoño xa ultiman todos os detalles para a que será o súa terceira ruta cabalar desta parroquia agoladesa. Este ano celebrarase o 13 de xullo. O prazo de inscrición xa está aberto ata o 6 de xullo e a organización agarda superar o número de inscritos do ano pasado, xa que cada edición vai en aumento.
O campo da festa de Artoño será o punto de saída da ruta e a chegada dos participantes está estipulada para as 15:00 horas para arrancar ás 16:00 horas, polo que a organización pide puntualidade. Este ano haberá novidades no que se refire ao traxecto, que será case por completo direferente con respecto aos dos anos anteriores, porque a organización aposta pola innovación. Cabe mencionar que é unha ruta non apta para carros.
"Durante a ruta contaremos cunha parada con bebida e pinchos para repoñer forzas. Nesta ocasión, será no campo…