II Trail da Carixa - GTR Galaico Trail Rum_Concello de Vila de Cruces
dom, 12 sept
|Pontevedra


Horario e localización
12 sept 2021, 10:00
Pontevedra, Villa de Cruces, 36586, Pontevedra, España
Sobre o evento
O GTR Galaico trail rum xa iniciou a apertura da súa proba trail da Carixa (Vila de Cruces) con moitas novidades, que será o 12 de setembro ás 10:00 horas. Contarán tamén cunha proba de relevos que amosará a parella máis rápida do circuíto, na cal un dos corredores fará a primeira parte cuns oito/nove quilómetros moi rápidos e a segunda parte máis dura e con máis desnivel que contará cuns 11 quilómetros.
O evento estará formado por unha proba trail individual de 20 quilómetros, trail por relevos de 9 + 11 quilómetros trail cadete de nove quilómetros, andaina de nove quilómetros e Pequetrail de 0.5 a tres quilómetros; rexidas polo seguinte regulamento:
- As carreiras Trail e andaina celebraranse o día 12 de setembro de 2021 con saída e chegada dende a praia fluvial de A Carixa, no Concello de Vila de Cruces.
- Ás catro probas terán a saída as 10:00 horas; sobre un percorrido aproximado de 20 quilómetros para o Trail individual e por relevos con un desnivel positivo de 1.100 metros e nove quilómetros para o Trail Cadete e andaina con un desnivel positivo de 460 metros.
- A carreira Trail individual sobre un percorrido de 20 quilómetros poderase facer baixo a modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser mixtos.
- A recollida de dorsais para a proba poderá realizarase o mesmo día na zona de saída e meta entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
*Os interesados poden xa inscribirse a través da seguinte páxina www.cronotec.es